Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

  Vote up

8F: O nunca visto08.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

8 de fevereiro de 2009, Domingo Oleiro. Depois de “dar a murga” durante horas na Alameda o bloco ridiculista “Bilingüismo Mr. Marshall” encaminhou os seus passos para a estátua de “Rosa Díaz”, aliás, Rosalia, no Passeio da Ferradura. Depois de celebrarem umha Missa de Campanha (e sem vinho de missa) na honra da que um ano depois é a política melhor valorizada do Império Pequeno e perante a impossibilidade de irem tomar um “vinho espanhol” ao “Franco” (pois a Zona Velha estava tomada por “polis & cacos”) as/os ridiculistas decidiram ir tomá-lo à “Plaza de José Antonio”, na Zona Nova de Santiago (y cierra España). Mais info en Seioque.com

Publicado en GZvideos, língua, represiónconNengún comentario →

  Vote up

Rolda da Rebeldía - Xeira da Irmandade08.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Segunda entrega dos materiais audiovisuais que recolhem a Rolda da Rebeldía , organizada polo Encontro Irmandinho.

Publicado en GZvideos, anticapitalismo, autodeterminación, convocatoriasconNengún comentario →

  Vote up

Manifestación por uns Servizos Sociais públicos (Compostela, 30/01/10)08.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Con ese lema encabezando a marcha, partía na mañá deste sábado 30 de xaneiro a manifestación convocada pola CIG e polas traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Unha manifestación que se insire no amplo calendario de mobilizacións que se veñen convocando desde hai máis de 8 meses en demanda da aplicación do convenio negociado e que o Consorcio non quere aplicar, pola readmisión das 61 traballadoras e traballadores despedidos das oficinas I+B e pola realización das oposicións xa convocadas e que agora o PP quere anular. Mais info en Avantar-CIG.

Publicado en GZvideos, convocatorias, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

Concentración dxs traballadorxs da limpeza do Alcampo despedidxs (Vigo, 05-02-2010)07.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

As traballadoras da limpeza do Alcampo están baixo o convenio provincial e teñen unha cláusula de subrogación, que o que fai é blindar o caracter fixo do persoal, e ten que subrogar nas mesmas condicións. O que fai Alcampo é para aforrar 90.000 euros neste ano, que é o que custa o despedimento das 12, contrata a unha empresa que se chama Amil Lago, que é unha fundación con traballadores discapacitados. Mais info en Avantar-CIG

Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

Charla de traballadores do Transporte Metropolitano de Barcelona na EPG (Vigo, 26-01-2010)07.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicado en GZvideos, precariedade, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

Finou Antón Moreda, histórico dirixente nacionalista05.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Recuperamos unha entrevista realizada por Vieiros a Antón Moreda, figura clave na reorganización do movemento nacional galego logo de que o golpe de Estado de 1936 tronzase a traxectoria do Partido Galeguista, e que morreu nas últimas horas. En agosto de 1953 participa na fundación das Mocedades Galeguistas de Arxentina. Asiste ao I Congreso Galego da Emigración celebrado en 1956. De volta en Galiza á altura de 1960, entra a traballar como axente comercial da Editorial Galaxia, aproveitando esta actividade para contactar con novos galeguistas organizados arredor das asociacións culturais e co grupo Brais Pinto. Foi fundador e Secretario Xeral do Consello da Mocedade, punto de arranque do nacionalismo contemporáneo e resultado da coñecida como “Operación Pomba Mensaxeira” dirixida por Antón Moreda e destinada a organizar politicamente o nacionalismo en Galiza para liderar a oposición antifranquista. Mais info en Vieiros.

Publicado en GZvideos, autodeterminación, historiaconNengún comentario →

  Vote up

Mobilización da Asemblea de Parados do Naval05.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial. Mais info en Avantar-CIG

Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

“As aulas e o despacho” (debate com Anxo Lorenzo)04.02.10

30-xaneiro-2010. Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010. Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) remata a súa ponencia. Podedes ver aquí un extracto do debate posterior. Unha cansa indignación nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega.

Publicado en GZvideos, línguaconNengún comentario →

  Vote up

Rolda da Rebeldía: Xeira da procura04.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Achegamos o primeiro dos vídeos que recolhem a “Rolda da Rebeldía”, evento organizado polo Encontro Irmandinho no 30 de Janeiro que supuxo um diálogo entre organizaçons políticas e movimentos sociais. Extraemos do conteúdo da charla: “É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente‐suxeito político‐social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?É o modelo de partido clásico inoperante? Cómpre construírmos ese novo referente‐suxeito político‐social? E se así é, de que modelo organizativo debemos dotarnos? É o acceso ás institucións necesario?” Nesta primeira mesa falarom: Xavier Ron,Xabier Macías,Eduardo Rego e Xoán Hermida. Mais info. no web da RdR.

Publicado en GZvideos, convocatoriasconNengún comentario →

  Vote up

Palestra de Anselmo López Carreira: A DESAPARIÇOM DO REINO DA GALIZA na histografia espanhola02.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Apresentamos a crónica audiovisual editada por Blogaliza-Tv da charla que a A.C O Facho organizou na Crunha no passado Novembro, na qual o historiador Anselmo López Carreira falou sobre a ocultaçom da Historia de Galiza. A seguir reproduzimos parte da crónica do blogue do Facho: ” Segundo o doutor Lopes Carreira era impossível, “algo realmente único na história da humanidade”, que o território galego, a vanguarda cultural da Europa ocidental na Idade Média, carecesse de umha estrutura jurídico-política. A Galiza foi o primeiro reino que cunhou moeda após o esfarelamento de Roma –moedas que felizmente ainda se conservam-, tivo a edificaçom mais impressionante da Europa ocidental -a catedral de Santiago- e a sua língua era utilizada para a poesia e a música por toda Europa como hoje se utiliza o inglês. ” Segue lendo no blogue da A.C O Facho.

Publicado en GZvideos, historiaconNengún comentario →