Apresentamos umha nova entrega dos vídeos que Teleirmandinha editou sobre a Rolda da Rebeldía. Nesta ocassom, apresentam a jornada de fechamento do acto. Mais info no web da Rolda da Rebeldía.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, autodeterminación, convocatorias, cultura libreconNengún comentario →
“NOVAS DA GALIZA inicia agora umha nova etapa[…]. Longe da cultura da imagem, sempre preferiu mostrar-se tal e como era,[…]sempre apostou em dar passos avante pequenos e mui firmes. Hoje apresentamo-nos a leitoras e leitores com mais páginas e novos conteúdos, dispostos a nos melhorarmos como ferramenta da Galiza que se move.” Fragmento do editorial do nº 86, nº que marca o começo da nova etapa do jornal galego de informaçom crítica.
Publicado en GZvideos, autodeterminación, cultura libreconNengún comentario →
[C+C] O Concello [da Coruña] , mellor dito a Concellería de Rehabilitación Urbana e Vivenda, ten previsto o derrubo dun dos polígonos de vivendas afectados polo susodito plan, concretamente nove casas unifamiliares sitas na rúa Atocha Alta do barrio das Atochas-Monte Alto. Despois dun duro proceso de expropiación para as antigas propietarias e propietarios das casas, o Concello arrebatoulles a un risible prezo a propiedade sobre os inmobles. Mais info no web do CSO Casa das Atochas. ou en Galiza Contrainfo
Publicado en GZvideos, centros sociais, convocatorias, defensa do territorioconNengún comentario →
A A.C. Almuinha de Marim organizou no 12/02/10 umha charla intitulada “A Galiza que vem. Mocidade e compromisso”, com a participaçom de Maria Osório (AMI), Brais González (Adiante) e Diego Santório (isca!). GzVideos deslocou-se até lá e realizou umha breve entrevista sobre a temática da palestra a cada um/ha deles/as. Mais info sobre a charla no blogue do C.S Almuinha
Publicado en GZvideos, autodeterminación, centros sociaisconNengún comentario →
GzVideos estivo na concentraçom em resposta à Cimeira da UE sobre transporte na cidade da Corunha, tomada durante todos estes días por um intenso operativo policial. Mais info sobre a convocatória da concentraçom no Galiza-Indymedia.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, convocatorias, defensa do territorioconNengún comentario →
Desde aquel 1964, de queda do Consello da Mocedade -e que tanto lhe afectaria-, até os nossos dias, Antom nom mudou o seu compromisso com esta Terra e o seu Tempo, ao contrário. Aínda que apartado do activismo político num primeiro plano, -ora, participando de diversos projectos de base, caso da Associaçom e revista Gaiola-, nom deixou de seguir ferreamente acreditando na dignidade e autodeterminaçom da Galiza, assi como na justiça social. Mais em opiniom-Vieiros
Publicado en GZvideos, autodeterminación, historiaconNengún comentario →
Rolda da Rebeldía.Terceira mesa-xeira das mil voces.Falan: Manuel Barreiro,Xoán Carlos Carreira,Luisa Ocampo e Mónica Alzate. Mais info no web da Rolda da Rebeldía.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, autodeterminación, convocatoriasconNengún comentario →
A asemblea de parados do naval repartía a primeira hora da mañá follas informativas aos compañeiros do estaleiro de Freire para dar a coñecer a súa situación e a problemática do sector na cuestión da contratación, facendo un chamamento para que saíran tomar o bocadillo con eles ás 10.30. De novo as portas pecháronse para a asemblea de parados e unha presenza e presión policial desproporcionada impediu que esta asemblea puidera ter lugar. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →