Miles de persoas saíron á rúa neste Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, para manifestarse coa CIG en demanda de emprego e salarios dignos e para reclamar unha reforma do sistema fiscal para que se garanta a súa progresividade para que a crise non a pague a clase traballadora, senón aqueles que a provocaron. A manifestación central, e a máis numerosa, foi a convocada en Vigo, onde participaron 8.000 de persoas. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →
Video confeccionado para este 1º de maio onde economistas e membros da CIG analizan as causas, repercusións e posíbeis solucións á crise económica actual. Conta coas intervencións de Xabier Vence , María do Carmo García Negro, Xesús Seixo e Antolín Alcántara, entre outros. Este material foi proxectado nas asembleas previas ao 1º de maio que a CIG realizou por todo o país.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →
Baixo o lema “En defensa dos servizos públicos”, miles de persoas percorreron o domingo 25 de abril as rúas de Compostela en contra das políticas de “privatización e mercantilización de todo o que é público”. Convocada por CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saíu da alameda arredor das doce e media e rematou na Praza da Quintana, onde a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto conxunto no que denunciou a diminución da calidade das prestacións públicas, a precarización e o recorte do emprego implícitos a toda privatización. Mais info. no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengún comentario →
O levantamento popular de 1846 marcou um ponto de inflexom na História Contemporánea da Galiza cujas consequências se extendem até o presente. Naqueles dias, nos que se escrevérom algumhas das mais fermosas páginas de heroísmo e combatividade do nosso País, pujo-se por vez primeira, de jeito organizado, a reivindicaçom nacional como eixo central do programa político. O movimento provincialista, rejeitando a ditadura e o centralismo, exigia algo tam singelo como o direito d@s galeg@s a decidirem o seu próprio destino.Cento sesenta e quatro anos depois, de Causa Galiza recolhemos a semente daquela primavera ao afirmarmos que o exercício da autodeterminaçom é, para além dum inquestionável direito que nos é negado, a única garantia dum futuro digno para este País.
Publicado en GZvideos, autodeterminación, historiaconNengún comentario →
O passado domingo 18 de abril tinha lugar em Compostela umha manifestaçom de apoio à revoluçom cubana, em resposta à ofensiva mediática que está a ter lugar nas últimas semanas desde o falecimento do preso Orlando Zapata. A marcha foi organizada pola associaçom de amizade galego-cubana Francisco Vilhamil.
Publicado en GZvideos, internacionalismocon2 Comentarios →
O mércores 21 de abril ás oito da tarde saía a manifestación contra o peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo. Durante a manifestación, o nutrido grupo de manifestantes esixiron a continuidade do hospital e denunciaron a actuación dos responsábeis da ONG e ás ameazas e coaccións ás que teñen sometido a traballadores/as e aos/ás doentes e ás súas familias. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengún comentario →
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centroda cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontadeprivatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta deGaliza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso deVigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas econvocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública estamobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzassindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumouapoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país:Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas quetamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega. Mais info. no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengún comentario →
A continuar, apresentamos dous materiais relacionados com o campamento de parados do naval em Vigo. Desde aquí, a nossa solidariedade e apoio a esta luita.
A asemblea de parados do naval comezou o pasado 1 de marzo unha acampada que, con carácter indefinido, se situou fronte ao edificio da Xunta en Vigo, nos xardíns de Montero Ríos. Desde alí, continúan as súas protestas, na defensa do emprego e pola regulación da contratación no sector naval, recollendo sinaturas en apoio desta loita e visibilizando o drama invisíbel de milleiros de traballadores e traballadoras galegas que ficaron no desemprego e afastados do mercado laboral. Mais info no web da CIG.
A jornada solidária com os desempregados do sector naval de Vigo que permanecem acampados diante do edificio da Xunta foi organizada polos centros sociais A Revolta, Faísca e O Guindastre no 20 de março. Mais info em Galiza Contrainfo.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengún comentario →
No passado sábado 20 de Março de 2010 celebrou-se o 5º aniversário do nascimento da associaçom Aguilhoar lá na primavera de 2005, e desde entom foi pouco a pouco medrando, transformando-se e assentando-se na comarca. Mais info no blogue de Aguilhoar
Publicado en GZvideos, centros sociaisconNengún comentario →
Video-crónica da manifestaçom que a rede de colectivos na defesa do território “Galiza Non se Vende” realizou o passado domingo 21 de março em Compostela. Mais info no web de GNSV
[25/03/10] Actualizado com um novo vídeo de GzContrainfo
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, defensa do territorioconNengún comentario →