18 Vote up

Os traballadores da lousa en loita

Publicado en GZvideos, sindical on 30 Xan, 2009

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Os traballadores da lousa da comarca de Valdeorras e de Quiroga levan meses mobilizandose contra o impago dos salarios e polo mantemento dos seus postos de traballo. Ademais destas demandas, os operarios da lousa de Carballeda Ipisa comezaron a mobilizarse desde este verán por unhas mellores condicións hixiénicas, de seguridade e laborais no seu centro de traballo. Este “atrevemento” por parte dos traballadores e traballadoras conlevou unha represión sindical, que continúan a combater desde o sul do noso país, con mobilizacións como a do xoves 29 de xaneiro, na que co rostro tapado “para evitar represalias”, berraron durante máis dunha hora “liberdade sindical” ás portas desta empresa. Aqui deixamos unhas pezas audiovisuais para tomar contacto e dar a coñecer este conflito.

TAGS: , , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

Deixa un comentario