Nova xornada de folga do Metal na provincia de Pontevedra, que continúa como unha folga consolidada e que segue a mobilizar a milleiros de traballadores e traballadoras nas rúas. Neste dia anunciouse a convocatoria de tres xornadas máis de folga para a próxima semana, mércores, xoves e venres, convocando no último dia desa semana a todo o sector do Metal, mesmo aquelas empresas que contan con convenio propio como Citroen. Tamén este mércores volveron actuar dun xeito desproporcionado e violento as forzas antidisturbios, que fixeron a súa aparición na Praza de América, a toda velocidade, e que desde aí comezaron cargas indiscriminadas, que rematarían fronte ao estaleiro de Barreras, onde de novo os folguistas resistiron ao lanzamento masivo de pelotas de goma e botes de fume. E o xoves terá lugar a segunda xornada da folga do Metal desta semana. Máis na web da CIG.
Entradas relacionadas
4 Comentarios a “ Nova xornada de loita do metal (Vigo) ”
Deixa un comentario










































5th Xuño, 2009 ás 4:07 pm
Lumeeeeee con todos os mercenarios, hai que loitar polo noso que é o convenio nin mais nin menos. LUMEEEEEEE!!!!!!!!!
6th Xuño, 2009 ás 11:17 am
Alguen me pode decir de ken é esa cacion de rap?????
metal en luita xamais sera vencido, convenio solucion xa!!!!
e a madeira pra a fojeira
6th Xuño, 2009 ás 1:02 pm
A canción: http://www.myspace.com/xtraperlo
3rd Xullo, 2009 ás 8:59 am
e emocionante veros como loitades x os vosos dereitos q son os d todos,nunca vos dedes por vencidos e unha situacion moi dificil x q stades sen ganar.pero hay unha cosa q nunca se perde e a dignidade e as ganas de vivir traballando cos dereitos correspondentes,,,teremos agora as mulleres de eses homes q foros a santigo a facer outra marcha pero sta vez nos pa q sepa oseñor feiijoo q vos todos tendes unha familia o voso lombo animo canpeons