Video-resumo dunha reportaxe de 40′ que analisa o que supón a construción do TAV en Euskal Herria
Todos os estudos de mobilidade coinciden en sinalar o ferrocarril social como o máis sostíbel e seguro dos meios de transporte. É o que menos gases de efecto invernadoiro emite, o que menos espazo ocupa e o máis seguro. Con todo no Estado español só un 5% dos viaxeiros e un escaso 3,8% das mercadorías viaxan en tren, mentres que hai países europeus nos que esa proporción é moi diferente: por exemplo en Austria, case o 50% das mercadorías transpórtase por ferrocarril.
O tren público e social é o que chega a maior número de lugares e persoas e ten un prezo asequíbel. É o que une pobos, comarcas e territorios e é unha alternativa real ao transporte por estrada. É o que propicia un desenvolvemento sostíbel e é respetuoso co Meio aproveitando ao máximo as vías e os recursos existentes. A ampliación e mellora das liñas ferroviarias ten que responder ás necesidades da cidadanía sendo o seu custo económico, ecolóxico e enerxético proporcionado ao servizo que presta, e a súa propiedade e xestión públicas.
Con todo nos últimos anos a maioría do orzamento de investimentos adicado a transporte ferroviario destínase a liñas AVE-TAV, cuxa construción é tremendamente agresiva co territorio, que xeran un impacto ambiental e social considerable polo seu efecto barreira e que ademais son absolutamente despilfarradoras e desde o punto de vista enerxético van ser necesarias máis Centrais Térmicas e/ou Nucleares para producir máis enerxía. O TAV para en moi poucas estacións e está pensado para interconectar capitais, ademais de que o prezo dos billetes é caro, mentres que os investimentos no ferrocarril social e sostíbel son residuais, cada quilómetro do TAV custa uns 18 millóns de euros (3.000 millóns das antigas pesetas).
O TAV incrementaría tamén as desigualdades entre as clases sociais. Este proxecto non se leva a cabo por «interese xeral», non xorde co obxectivo de satisfacer as necesidades do pobo. O TAV é parte dun vasto plan de infraestruturas englobado na Rede Transeuropea de Transportes: trens de alta velocidade, novas autovías, superportos, ampliación de aeroportos… Detrás desta Rede atópase o poder financeiro e do capital das industrias máis fortes de Europa. Concretamente foi a Mesa Europea de Industrialistas (ERT), que reúne ás principais transnacionales de Europa, a que decidiu o rumbo de devandito plan. En 1991 decidiu xunto coa Comisión Europea a construción de 30.000 quilómetros de vías férreas de alta velocidade, 12.000 kms. de autovías, autopistas marítimas e aeroportos. Para ese plan serían necesarios 600.000 millóns de euros e as emisións de CO2 crecerían o 42%.
Consideramos que debe apostarse por un tren que cohesione o territorio e que estea ao servizo da cidadanía, polo que propoñemos mellorar a totalidade da rede ferroviaria , co obxectivo de permitir velocidades máximas de entre 160-200 km/h na maior parte dos tramos, con máis estacións, (…) frecuencias de trens rexionais (…) e do resto de trens incluído o Altaria, ampliación de horarios que darían servizo a máis poboación e cun menor custo dos billetes, aumento substancial e traslado ao tren do transporte de mercadorías que vai por estrada (reducindo as emisións contaminantes e os gases de efecto invernadoiro).
Para aforrar no traxecto Madrid-Pamplona uns 30 minutos, non entendemos como se van a derrochar grandes cantidades de diñeiro, que nunca serán amortizadas. Ademais o tren Altaria existente na actualidade, dá un servizo óptimo en canto a tempo de viaxe a Madrid, pero debería realizar máis paradas para así vertebrar mellor o Val do Ebro e as zonas da Ribeira e Media de Navarra e A Sakana.
Por iso cuestionamos o modelo de transporte e ordenación do territorio que se está desenvolvendo desde as institucións, ás costas da cidadanía e das organizacións sociais, denunciando o procedimento seguido até agora para elaborar o proxecto do TAV, xa que se está impulsando desde unha absoluta falla de transparencia informativa e de participación públicas. Solicitamos ás administracións públicas que centren os seus esforzos en mellorar o transporte con criterios de sostibilidade ambiental, social e económica. Por iso rexeitamos o Tren de Alta Velocidade, xa que é un modelo antisocial, antiecolóxico, despilfarrador de recursos e inasumible polos seus impactos físicos, agrarios, sociais, económicos e territoriais.
*Resumo-tradución do manifesto da “Plataforma Ribera por el Tren Público y Social. No al TAV ” de Nafarroa, publicado orixinalmente en GARA.









































