Traballadores e traballadoras do mar foron as principais protagonistas na marcha que percorreu a cidade da Coruña o sábado 21 de xuño, desde a Praza da Palloza e até a delegación do Goberno, para reclamar das administracións locais e autonómicas que poñan fin aos verquidos que se producen nesta ría, e que son tanto un problema de saúde como un problema laboral para centos de persoas nesta comarca. A manifestación, convocada pola Plataforma en defensa da ría do Burgo, anunciou xa nesta convocatoria unha próxima mobilización para o 20 de setembro. Esta peza audiovisual contén un resumo da marcha, asi como unha entrevista cun traballador do mar afectado que explica cal é a situación na que se encontra o conflito.
13
Manifestación pola defensa da Ría do Burgo
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































