14 Vote up

Manifestación contra o porto deportivo de Massó

Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismo on 05 Ago, 2009

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Máis de cinco mil persoas amosaron o pasado 1 de agosto a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.

Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.

De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG). Continúa en Galiza Non Se Vende.

TAGS: , , , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

2 Comentarios a “ Manifestación contra o porto deportivo de Massó ”

  1. # 1 Beiña Dixo:

    ¡Caixanova, especuladora!
    ¡SOS Massó!
    Xenial o vídeo.

  2. # 2 suso Dixo:

    Bravo, gente brava e arroutada de Cangas, do Morraço, de Galiza inteira! Bravo, GZvídeos! Parabéns! :-)

Deixa un comentario