Varios membros dos CAF e Galiza Nova interviron na sesión inaugural de Galiemprego para reclamar “máis emprego e menos propaganda” ao goberno da Comunidade Autónoma Galega. A protesta foi duramente reprimida pola Policía Española e os escoltas personais de Manuel Fraga, que identificaron a todas e todos os participantes e detiveron arbitrariamente a varios militantes, nunhas imaxes que foron censuradas no telexornal da TVG apesar de recoller a noticia nos teletipos da súa páxina web.









































