Manolo Cazolo matou a muller,/con sete coitelos e un alfiler, así berra o estroubo do novo video-clip de Machina. Manolo Cazolo, personaxe dunha canción popular galega que de nenos nos cantaban, móstrandonos a face máis escura do que chamamamos tradición oral. A violencia machista como fenónemo normalizado aínda que, supoñemos, rexeitado pola maioría. Óscar Ansótegui volve a firmar o guión e dirección da peza da banda cercedense. Nela, Manolo Cazolo convértese nun personaxe de terror, implacable e sen rostro individual. Máis que os golpes, a súa violencia é o medo. O camiño é a elección, a liberdade dunha muller que nos mira buscando comprensión para saír desa prisión escura, na que un día afastado, entrou por amor.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































