Gzvideos participará o sábado 21 de novembro ás 19 da tarde no Mufest, festival de cine feito por mulleres, no Auditorio de Galiza en Compostela.
Este festival está organizado pola Revista de Pensamento Feminista Andaina, leva por lema “Faite ver!”, e ten como obxectivo fomentar a creación audiovisual das mulleres proporcionando un espazo para a exhibición e o debate.
Unha compañeira de Gzvideos presentará unha nova peza que editamos para este festival, e que leva por título: “Mulleres, xénero, sexualidades e outros relatos subalternos”, e que subiremos á rede despois da súa estrea no Mufest este sábado.
Convidámosvos a asistir a todas e todos a este festival ao longo das tres xornadas do mesmo, e á nosa pequena aportación ao mesmo.
Porque nos tamén nos imos facer ver.. Achégate até o Mufest!









































