Recuperamos unha entrevista realizada por Vieiros a Antón Moreda, figura clave na reorganización do movemento nacional galego logo de que o golpe de Estado de 1936 tronzase a traxectoria do Partido Galeguista, e que morreu nas últimas horas. En agosto de 1953 participa na fundación das Mocedades Galeguistas de Arxentina. Asiste ao I Congreso Galego da Emigración celebrado en 1956. De volta en Galiza á altura de 1960, entra a traballar como axente comercial da Editorial Galaxia, aproveitando esta actividade para contactar con novos galeguistas organizados arredor das asociacións culturais e co grupo Brais Pinto. Foi fundador e Secretario Xeral do Consello da Mocedade, punto de arranque do nacionalismo contemporáneo e resultado da coñecida como “Operación Pomba Mensaxeira” dirixida por Antón Moreda e destinada a organizar politicamente o nacionalismo en Galiza para liderar a oposición antifranquista. Mais info en Vieiros.
6
Finou Antón Moreda, histórico dirixente nacionalista
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
TAGS: antón moreda , nacionalismo
Entradas relacionadas
Deixa un comentario









































