A Coruña foi a cidade onde máis incidencia tivo a folga. Centos de traballadoras e traballadores fóronse congregando desde primeira hora da mañá nas portas do centro comercial Catro Camiños, lugar escollido como punto de partida do piquete, que finalmente entrou no interior contra as nove e media. Foi neste momento cando varios axentes da seguridade privada do centro, pertencentes á empresa Prosegur, comezaron a golpear os traballadores e mesmo un vixilante chegou a facer uso da súa porra para bater na xente. A actuación desproporcionada destes axentes estivo alentada polo responsábel de seguridade privada do centro comercial Catro Camiños. Co paso dos minutos, o piquete foi agrandándose até sumar preto de 1.500 traballadores que, tras permaneceren dúas horas no interior de Catro Camiños, percorreron en manifestación as principais rúas do centro da Coruña. Mais en Avantar.
Adxuntamos tamén un video do protesto que os traballadores do comercio vario protagornizaron durante a inauguración do macro-centro comercial “Dolce Vita”









































