Envía

1. Edita/selecciona o teu vídeo.
2. Súbeo/Copia a ligazón.
3. Cubre o formulario.

Gzvideos é un proxecto que pretende constituir unha ferramenta de información audiovisual, desde e para os movementos sociais galegos, unha canle de comunicación contra a censura meiática, así como un meio para a libre expresión creativa. Podes ler aquí os nosos principios fundacionais.

A nosa creación non é nin a única posíbel nin a mellor das posíbeis, só unha, polo que procuramos criar un espazo colaborativo que busca a túa implicación. Neste sentido, os vídeos que edites e envíes constitúen unha parte fundamental do proxecto.

Podes consultar as categorías, tags e a FAQ para facerte unha idea aproximada do que pretendemos. Gzvideos é un lugar para o debate construtivo, onde terán cabida materiais que fagan referencia a palestras, obradoiros, concentracións, manifestacións, folgas, análise crítica da realidade, documentarios, reportaxes, entrevistas…Conteúdos que prioricen o aspecto contra-informativo e a criazón de pensamento crítico.

Doutra banda, podes enviarnos as túas curtas de ficción, experimentais, clips de música… e serán incluídos no Espazo Creativo KINOKI. Os límites márcaos a túa creatividade!

A publicación de vídeos está suxeita a moderación para evitar a inclusión de spam, de audiovisuais ofensivos, vexatorios ou que desrespeiten os princípios da plataforma.Descartaremos aquelas aportacións que:
- Non se acollan a nengunha das categorías creadas.
- Promocionen o ánimo de lucro ou teñan fins comerciais.
- Fagan proselitismo institucional ou relixioso.
- Insulten ou atenten contra a dignidade dos indivíduos, organizacións ou colectivos dos movimentos sociais.
- Inciten á discriminación por custións étnicas, culturais, lingüísticas, sexuais ou de outro tipo.
- Saturen con conteúdos redundantes a plataforma-web.
- Non fagan uso coerente e ponderado do envío de materiais.
- Non respondan á consideración de “vídeo” (p.ex. agrupacións de imaxes estáticas con pista de audio de fondo).

Aconsellamos o aloxamento dos vídeos en servidores independentes, mais no caso de que non teñas acceso a estes, podes subilos a algún dos servizos gratuitos que respeite as licenzas das túas obras no caso de terllas atribuido. Podes ler aquí unha breve guía sobre a publicación de vídeo na Internet. Aquí sobre licenciamento de obras.

Para conteúdos informativos, cubre a caixa de texto con non máis de 4 liñas e adxunta, de ser posíbel, ligazóns relacionadas.
Para outro tipo de conteúdos, o límite márcalo ti. Podes adxuntar un texto da túa creación complementando unha curtametraxe ou a letra dunha canción acompañando un clip de música.

Tamén podes facernos chegar vídeos que atopes na rede e creas de interese para a plataforma web. Se descoñeces a súa licenza, selecciona “indeterminada”.

Se aínda así segues tendo dúbidas, envia a túa pregunta a info@gzvideos.info ou consulta as FAQ.


Verifica

Son o/a autor/a orixinal da obra e/ou represento ao autor/autoras

Non son a/o autor da obra nen represento ao autor/autoras.

as condicións e solicito a publicación do material respeitando a licenza seleccionada *

Script por Dagon Design