A Secretaría da Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa III Edición, á presidenta do Comité de Empresa de Lorenzo Froiz, Lucía Freire, vítima de represión sindical e quen se tivo que enfrontar a unha querela criminal presentada pola empresa, acusándoa de falsa testemuña ao declarar a favor dunha compañeira que fora sancionada. O premio foi entregado pola secretaria de Muller, María do Carme López Santamariña, nun acto no que tamén recibiron unha especial mención pola súa loita e valentía o conxunto das traballadoras da antiga Valeo e da Conserveira Pérez Lafuente. Mais info en Avantar.
5
Entrega dos premios do Día da Muller Traballadora [CIG]
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































