20 Vote up

Cuarta xornada de folga do metal (Vigo)

Publicado en GZvideos, represión, sindical on 21 Mai, 2009

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O 21 de maio tivo lugar a cuarta xornada de folga do metal, no que desta volta o obxectivo era cortar en oito puntos distintos os accesos de Vigo, mesmo bloqueando a peaxe de Pontevedra en Vilaboa. Unha nova demostración de forza e organización dos traballadores do Metal fixo realidade este obxectivo. A Policia acosou desde primeira hora aos folguistas, e despois das once da mañá cargaban en Guixar e tamén contra un grupo de Barreras na zona de Coia. Os traballadores reagrupáronse nas zonas dos estaleiros, en Barreras e Vulcano, e volveron dar unha boa mostra de organización, valentía e forza dun sector que está disposto a dar esta batalla por un convenio xusto. Máis info na páxina da CIG. Música do vídeo: Skacha, Xolda! e Labazada.

Tamén está dispoñíbel o vídeo da CIG desta xornada de loita

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
TAGS: , , , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

Deixa un comentario