O pasado 8 de agosto a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) levou a cabo un acto festivo e reivindicativo nos exteriores do Pazo de Meirás para reclamar a devolución deste ao pobo galego. Mentres dentro estábase a celebrar a voda oficial da familia Franco a CRMH ofrecía unha voda alternativa á que acudiu o mismísimo Caudillo, resucitado para a ocasión. A esta peculiar ceremonia acudiron máis de 400 persoas e tamén suscitou o interese da prensa “rosa” e dos medios de comunicación empresariais. Máis info na páxina da CRMH e neste blogue.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































