7 Vote up

Concentración contra o consumismo da CIG-Mocidade de Vigo no centro comercial Gran Vía

Publicado en GZvideos, anticapitalismo, sindical on 15 Dec, 2009

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A CIG-Mocidade de Vigo comezou  o pasado domingo 13 de decembro unha campaña contra o consumismo e a explotación laboral nas datas do Nadal cunha concentración ás portas do centro comercial Gran Vía. A campaña leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!” e pretende visibilizar a situación de explotación e precariedade na que se encontran xs traballadorxs das grandes areas comerciais, situación que empeora coa campaña de consumo do Nadal. Deste xeito animan a non realizar compras en domingos ou festivos e a non utilizar os centros comercias como espazos de lecer, apostando por un consumo responsábel para romper co modelo capitalista. A próxima concentración terá lugar no Corte Inglés de Vigo o domingo 20 de decembro ás 17:30h.

TAGS: , , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

Deixa un comentario