O 25 de maio deron comezo obras de peche e movemento de terras en Massó coa presencia de seis furgóns policiais. O Subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, está a asumir a responsabilidade de dar protección policial a unhas obras que non contan con licencia municipal e que son obxecto de dous contenciosos administrativos sen resolver e numerosas causas xudiciais en curso. O principio de autonomía municipal está a ser gravemente vulnerado. Estas obras non foron informadas polo Concello de Cangas a través dun Plan de Usos ou Plan Especial e a ordenación urbanística actual da zona é de protección de espazos naturais.
3
Comezan as obras do porto deportivo de Massó (Cangas)
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario









































