Unha representación da CIG formou parte do comité de recepción. Chávez recibe en Galiza solidariedade co proceso revolucionario da República Bolivariana de Venezuela.O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, visitou Galiza, o domingo 16 de outubro, nun alto da súa estadía en Salamanca, onde participaba no XV Cumio Iberoamericano. Centos de persoas déronse cita na Praza do Obradoiro para recibilo.









































