5 Vote up

Numeralia (Eloy Lozano, 1990)15.04.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

14-04-09 -  Esta noite faleceu, despois dun ataque ao corazón, Eloi Lozano, un dos nomes máis destacados na construción do cinema en Galicia dende os anos setenta. Foi o primeiro cineasta en facer un filme en 35mm en galego Retorno a Tagen Ata (1974) e participou na videocreación dos anos 80 con traballos como Numeralia ou Catro escultores. Ademais, restaurou El carro y el hombre (1941), de Antonio Román. Fundou a produtora Off Filmes, e foi un dos impulsores do Festival de Cinema Independente de Ourense. En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bellas durmientes e máis adiante unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, “Idea e Territorio” e o documental “Quen son?” no que afondaba nas cuestións identitarias galegas. O cineclube en rede FlocosTV réndelle homenaxe este martes coa estrea de Catro escultores. (De Vieiros.com)

Publicado en Kinoki, animación, curtas, video-creaciónconNengun comentario →

4 Vote up

Nor-noroeste: a viaxe bravú (1997)12.04.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Documental producido pola Escola de Imaxe e Son da Coruña e dirixido por Sonia Barros e Marta Piñeiro, sobre o movemento bravú na Galicia dos 90. Participan, entre outros, Xurxo Souto e os Diplomáticos de Monte Alto, os Papaqueixos, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e Pinto de Herbón. Publicado orixinalmente en Flocos.tv.

Publicado en Kinoki, curtas, documentalconNengun comentario →

5 Vote up

Burela, un exemplo de normalización lingüística07.04.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Nuns tempos nos que a lingua está a se empregar coma arma de confrontación, desde Burela chéganos un proxecto que amosa as posibilidades da normalización no noso país. A partir do traballo de planificación do IES Pedrouro, e partindo dunhas xa elevadas taxas de emprego do noso idioma, o concello desenvolveu co apoio de todos os grupos políticos o Modelo Burela de convivencia lingüística. Agora, un documental amósanos a realidade deste lugar onde, segundo explican os responsables do proxecto “o problema é que case toda a xente en Burela fala galego pero apenas hai galego escrito”.

Publicado en KinokiconNengun comentario →

6 Vote up

O monte é nosso (1978)22.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Achegamos este documentário publicado na web Flocos.tv, que “recolhe as luitas do campesinhado galego pola recuperaçom dos montes comunais que lhe forom usurpados a partir de 1939″. Filme realizado por LLorenç Soller.

Publicado en Kinoki, non ficciónconNengun comentario →

5 Vote up

Projecto [’trepia]13.01.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

MANIFESTO

 A trépia é umha estrutura sustenta em três peares:

 A imagem: A posta a disposiçom da música e a dança tradicionais de todo o potencial multimédia que ofrecem os tempos que correm. A vídeo-criaçom como método de expresom válido para a nossa cultura tradicional. Fotografia, gravaçom e documentaçom. Internet como plataforma divulgativa.

 A dança: A recriaçom coreográfica baseada na dança tradicional, mais sem esquecer o aporte sempre interesante da dança contemporánea. Três parelhas-base fazendo de-construçom da dança tradicional. Olho! Dixemos de-construçom, nom destruçom.

 O som: Como nos outros dous peares, a aplicaçom de novos meios e técnicas à música tradicional. Sampleo de percusons e recursos efectistas. A recolheita de campo já nunca mais será material inerte e anquilosado, senom um instrumento mais ao serviço da expresom cultural.

Máis →

Publicado en Kinoki, curtas, video-creaciónconNengun comentario →