Acariño Galaico (De Barro) 1961 • 11.12.08
Recuperamos esta peza experimental do peculiar cineasta granadido José Val del Omar, que se enmarca dentro da súa obra Tríptico Elemental de España. Val del Omar foi un creador místico, mais tamén un investigador da tecnoloxía cinematográfica, tanto en imaxe como en sonido, explorando novas técnicas coma o son diafónico ou o desbordamento apanorámico da imaxe.
Publicamos aquí a peza que fixo sobre Galiza, á que Val de Omar regresou a rodar, pois xa estivera aquí de misionero. Nun principio pensaba dedicarlle esta peza ao aire, mais despois de coñecer ao escultor ourensán Arturo Baltar Santos, que traballaba o barro, decidiu facela sobre este elemento, mestura de terra e auga e con claras connotacións relixiosas.








































