Auga (curtametraxe de terror) por OZO • 05.06.08
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Desta volta o director, Ozo, deixa o xénero da acción para se adentrar no do terror, cunha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais. Nela repite como protagonista o actor lugués Marcos PTT Carballido, acompañado polo coruñés David Lendoiro. Tamén repiten a meirande parte de integrantes do equipo técnico que fixo “Baseado…”, como Jorge Eiroa no departamento de Produción, Lorena Vilas no de Dirección ou Fanny Bello como Maquilladora, entre outros.








































