Numeralia (Eloy Lozano, 1990) • 15.04.09
14-04-09 - Esta noite faleceu, despois dun ataque ao corazón, Eloi Lozano, un dos nomes máis destacados na construción do cinema en Galicia dende os anos setenta. Foi o primeiro cineasta en facer un filme en 35mm en galego Retorno a Tagen Ata (1974) e participou na videocreación dos anos 80 con traballos como Numeralia ou Catro escultores. Ademais, restaurou El carro y el hombre (1941), de Antonio Román. Fundou a produtora Off Filmes, e foi un dos impulsores do Festival de Cinema Independente de Ourense. En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bellas durmientes e máis adiante unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, “Idea e Territorio” e o documental “Quen son?” no que afondaba nas cuestións identitarias galegas. O cineclube en rede FlocosTV réndelle homenaxe este martes coa estrea de Catro escultores. (De Vieiros.com)









































