3
14-04-09 - Esta noite faleceu, despois dun ataque ao corazón, Eloi Lozano, un dos nomes máis destacados na construción do cinema en Galicia dende os anos setenta. Foi o primeiro cineasta en facer un filme en 35mm en galego Retorno a Tagen Ata (1974) e participou na videocreación dos anos 80 con traballos como Numeralia ou Catro escultores. Ademais, restaurou El carro y el hombre (1941), de Antonio Román. Fundou a produtora Off Filmes, e foi un dos impulsores do Festival de Cinema Independente de Ourense. En 1999 dirixiu a súa primeira longametraxe, Bellas durmientes e máis adiante unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, “Idea e Territorio” e o documental “Quen son?” no que afondaba nas cuestións identitarias galegas. O cineclube en rede FlocosTV réndelle homenaxe este martes coa estrea de Catro escultores. (De Vieiros.com)
Publicado en Kinoki, animación, curtas, video-creaciónconNengun comentario →
3
Documental producido pola Escola de Imaxe e Son da Coruña e dirixido por Sonia Barros e Marta Piñeiro, sobre o movemento bravú na Galicia dos 90. Participan, entre outros, Xurxo Souto e os Diplomáticos de Monte Alto, os Papaqueixos, o xornalista Xosé Manuel Pereiro e Pinto de Herbón. Publicado orixinalmente en Flocos.tv.
Publicado en Kinoki, curtas, documentalconNengun comentario →
4
Nuns tempos nos que a lingua está a se empregar coma arma de confrontación, desde Burela chéganos un proxecto que amosa as posibilidades da normalización no noso país. A partir do traballo de planificación do IES Pedrouro, e partindo dunhas xa elevadas taxas de emprego do noso idioma, o concello desenvolveu co apoio de todos os grupos políticos o Modelo Burela de convivencia lingüística. Agora, un documental amósanos a realidade deste lugar onde, segundo explican os responsables do proxecto “o problema é que case toda a xente en Burela fala galego pero apenas hai galego escrito”.
Publicado en KinokiconNengun comentario →
6
Achegamos este documentário publicado na web Flocos.tv, que “recolhe as luitas do campesinhado galego pola recuperaçom dos montes comunais que lhe forom usurpados a partir de 1939″. Filme realizado por LLorenç Soller.
Publicado en Kinoki, non ficciónconNengun comentario →
4
MANIFESTO
A trépia é umha estrutura sustenta em três peares:
A imagem: A posta a disposiçom da música e a dança tradicionais de todo o potencial multimédia que ofrecem os tempos que correm. A vídeo-criaçom como método de expresom válido para a nossa cultura tradicional. Fotografia, gravaçom e documentaçom. Internet como plataforma divulgativa.
A dança: A recriaçom coreográfica baseada na dança tradicional, mais sem esquecer o aporte sempre interesante da dança contemporánea. Três parelhas-base fazendo de-construçom da dança tradicional. Olho! Dixemos de-construçom, nom destruçom.
O som: Como nos outros dous peares, a aplicaçom de novos meios e técnicas à música tradicional. Sampleo de percusons e recursos efectistas. A recolheita de campo já nunca mais será material inerte e anquilosado, senom um instrumento mais ao serviço da expresom cultural.
Máis →
Publicado en Kinoki, curtas, video-creaciónconNengun comentario →