6
As traballadoras da limpeza do Alcampo están baixo o convenio provincial e teñen unha cláusula de subrogación, que o que fai é blindar o caracter fixo do persoal, e ten que subrogar nas mesmas condicións. O que fai Alcampo é para aforrar 90.000 euros neste ano, que é o que custa o despedimento das 12, contrata a unha empresa que se chama Amil Lago, que é unha fundación con traballadores discapacitados. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
6
O mércores 3 de febreiro a primeira hora da mañá os desempregados da asemblea de parados do naval repartían aos traballadores de Barreras unha folla informativa na que daban a coñecer que aconteceu coa súa ocupación e posterior desaloxo neste estaleiro. Asi, chamaban á unha asemblea na hora do bocadillo, que se celebrou coa portada pechada, mais cos desempregados falando cun megáfono por riba do portalón. Antes de rematar a asemblea dotacións de antidisturbios corrían dispersar aos parados, polo que os obreiros de Barreras saíron en solidariedade cos desempregados e para facer fronte a esta tentativa de agresión policial. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
7
Concentración solidaria da CNT coa FAU-AIT alemá, diante do consulado alemán en Vigo. Alemaña prohibe a liberdade sindical, solidariedade coa FAU-AIT. + info.
Publicado en GZvideos, internacionalismo, sindicalconNengun comentario →
7
A CIG-Mocidade de Vigo comezou o pasado domingo 13 de decembro unha campaña contra o consumismo e a explotación laboral nas datas do Nadal cunha concentración ás portas do centro comercial Gran Vía. A campaña leva por nome “Racha co consumismo, tamén é explotación laboral!” e pretende visibilizar a situación de explotación e precariedade na que se encontran xs traballadorxs das grandes areas comerciais, situación que empeora coa campaña de consumo do Nadal. Deste xeito animan a non realizar compras en domingos ou festivos e a non utilizar os centros comercias como espazos de lecer, apostando por un consumo responsábel para romper co modelo capitalista. A próxima concentración terá lugar no Corte Inglés de Vigo o domingo 20 de decembro ás 17:30h.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, sindicalconNengun comentario →