14
O venres 10 de outubro o Comité de Empresa de Faurecia Asientos de Galicia convocou unha concentración diante da Inspección de Traballo e da Delegación de Traballo en Vigo, para denunciar a complicidade das autoridades laborais na aprobación dos expedientes de regulación de emprego previstos para o sector da automoción. Mais info en Avantar.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
16
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.
Mais info na web da CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →