151
As manifestacións en Vigo, A Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Lugo, Ourense e Viveiro convocadas pola CIG na noite do 13 de novembro mobilizaron a máis de 15.000 persoas contra a crise económica e a falta de medidas reais das administracións e apoio aos traballadores e traballadoras. Nestas marchas reclamouse que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, sindicalconNengun comentario →
31
Foron máis de 7.000 os traballadores do sector do Metal que o 6 de novembro percorreron as rúas de Vigo para amosar a súa solidariedade cos catro traballadores do Naval, para os que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea pola folga do 2007 polo cumprimento do Convenio. Paro xeralizado e marchas moi numerosas visibilizaron o apoio do sector a estes catro compañeiros, e a loita que están dispostos a dar contra a represión sindical. Unha xornada de desafío a do 6 de novembro que demostra que o Metal non vai permitir ningún tipo de recorte de dereitos. Mais info en Avantar.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, represión, sindicalconNengun comentario →
12
Máis de 2.000 persoas percorreron o centro de Vigo, desde Via Norte até a Praza da Estrela, para demandar solucións para a automoción, asi como a defensa do emprego neste sector. Representantes sindicais das principais empresas do metal, químicas, téxtil e transporte da CIG estiveron presentes nesta mobilización.Esta mobilización pretendía tamén sensibilizar á cidadanía sobre a situación de crise que existe no sector. As consignas máis repetidas foron aquelas que facían mención ao rexeitamento dos ERE, aquelas que puñan de manifesto a necesidade da mobilización e da presenza da CIG nas rúas, asi como foron continuas as críticas á crise social, e á necesidade de que pague o capital esta situación e non os traballadores e traballadoras. Mais info en avantar.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
21
A Coruña foi a cidade onde máis incidencia tivo a folga. Centos de traballadoras e traballadores fóronse congregando desde primeira hora da mañá nas portas do centro comercial Catro Camiños, lugar escollido como punto de partida do piquete, que finalmente entrou no interior contra as nove e media. Foi neste momento cando varios axentes da seguridade privada do centro, pertencentes á empresa Prosegur, comezaron a golpear os traballadores e mesmo un vixilante chegou a facer uso da súa porra para bater na xente. A actuación desproporcionada destes axentes estivo alentada polo responsábel de seguridade privada do centro comercial Catro Camiños. Co paso dos minutos, o piquete foi agrandándose até sumar preto de 1.500 traballadores que, tras permaneceren dúas horas no interior de Catro Camiños, percorreron en manifestación as principais rúas do centro da Coruña. Mais en Avantar.
Máis →
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →