8
Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores. Mais info no web da CIG-Saúde.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengun comentario →
7
[C+C] Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengun comentario →
7
A asemblea de parados do naval repartía a primeira hora da mañá follas informativas aos compañeiros do estaleiro de Freire para dar a coñecer a súa situación e a problemática do sector na cuestión da contratación, facendo un chamamento para que saíran tomar o bocadillo con eles ás 10.30. De novo as portas pecháronse para a asemblea de parados e unha presenza e presión policial desproporcionada impediu que esta asemblea puidera ter lugar. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
7
Con ese lema encabezando a marcha, partía na mañá deste sábado 30 de xaneiro a manifestación convocada pola CIG e polas traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Unha manifestación que se insire no amplo calendario de mobilizacións que se veñen convocando desde hai máis de 8 meses en demanda da aplicación do convenio negociado e que o Consorcio non quere aplicar, pola readmisión das 61 traballadoras e traballadores despedidos das oficinas I+B e pola realización das oposicións xa convocadas e que agora o PP quere anular. Mais info en Avantar-CIG.
Publicado en GZvideos, convocatorias, sindicalconNengun comentario →
6
As traballadoras da limpeza do Alcampo están baixo o convenio provincial e teñen unha cláusula de subrogación, que o que fai é blindar o caracter fixo do persoal, e ten que subrogar nas mesmas condicións. O que fai Alcampo é para aforrar 90.000 euros neste ano, que é o que custa o despedimento das 12, contrata a unha empresa que se chama Amil Lago, que é unha fundación con traballadores discapacitados. Mais info en Avantar-CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →