16
O informativo com mais possibilidades de ser Censurado (ou nom?) da banda da navegaçom sai de novo com conteúdos renovados. Entre eles um espaço para o agro e até a apresentaçom de um novo planeta: o planeta Vanguarda.
Publicado en GZvideos, autodeterminaciónconNengun comentario →
30
Por segundo ano consecutivo, unhas 500 persoas acudiron á convocatoria do colectivo vigués Xogo Descuberto, co obxectivo de reclamar o uso público da illa de Toralla. Por terra e por mar as piratas “asaltaron” a illa para reivindicar que Toralla é de todxs. Desta vez, o significativo aumento de bucaneirxs nesta “abordaxe” contra a especulación veu acompañado dunha numerosa presenza de forzas represoras. As piratas que decidiron concentrarse diante da barreira que impide o acceso á illa tiveron que aturar as presións e hostilidades policiais.
Ao final do video poderedes ver tamén imaxes da concentración convocada pola rede A Ría non se Vende, para protestar pola celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat) en augas da ría de Vigo.
Versión en baixa calidade aquí (mp4).
Publicado en GZvideos, defensa do territorioconNengun comentario →
23
A meia-noite começava a XIV Rondalha da Mocidade Com a Bandeira já com os antidisturbios preparados para impedir a manifestaçom polas ruas do casco velho da capital. Umhas 200 pessoas acompanhavam a Rondalha. Após entrar na praça do Pam dous cordons policiais impediam o passo cara o Perguntoiro e cara o Obradoiro. Nesse momento chamou-se a dar por rematado o acto. “Este cordom policial nom é o fim das mobilizaçons, a noite é mui longa, e a reivindicaçom independentista continua”, diz a militante. A concentraçom continuou na praça do Pam até que a policia carregou contra a Rondalha empregando também pelotas de goma, justo quando saem as pessoas dos fogos do Apóstolo, para impedir que se veja a manifestaçom independentista.
Mais info no site da AMI
Crónica minuto a minuto em Galizalivre.org
Música: Skárnio
Publicado en GZvideos, autodeterminaciónconNengun comentario →
14
A marcha Mundial das Mulleres disponibiliza na sua web unha serie de videos sobre o VII Encontro Internacional desta rede internacional feminista, chamando á participación e explicando o contido desta xuntanza internacional, na que delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar estas xornadas; nas que o tema principal será a soberania alimentar.
E o propio domingo 19 de outubro haberá unha manifestación, baixo o lema “cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo, cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres”
Publicado en GZvideos, xénero/sexualidadesconNengun comentario →
7
A organizaçom independentista Briga envía-nos um vídeo que recolhe a campanha de realizaçom de 366 murais que teve lugar durante todo este ano. A actividade, que rematou o 12 de Agosto em Ferrol, é apresentada num vídeo de cinco minutos que combina as imagens do día final com os murais da campanha. Mais info na web de Briga
Publicado en GZvideosconNengun comentario →