26
Xosé Manuel Beiras apresentou o pasado 9 de Outubro a redición de “Por unha Galiza Liberada” na libraría Couceiro de Santiago. Acompañárono Miguel Anxo Fernán Vello, responsábel editorial de Espiral Maior e o economista Xabier Vence, que destacaron a vixencia dos conteúdos nesta etapa de crise do modelo capitalista neoliberal, así como a necesidade de manter as teses soberanistas cara à emancipación nacional.
Publicado en GZvideos, autodeterminaciónconNengun comentario →
16
Delegados e delegadas da CIG concentráronse de forma simultánea nas sete cidades galegas e na Mariña para manifestar a súa oposición ás modificacións introducidas na Directiva de Tempo de Traballo. Nas asembleas previas anunciouse tamén a posta en marcha da campaña contra a crise económica e alertouse do intento de rematar coa exclusividade dos médicos da sanidade pública pola vía de xeneralizar o complemento específico que, até o de agora, reciben aqueles que só traballan no sistema público.
Mais info na web da CIG
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
13
Umha vintena de membros do colectivo Siareir@s Galeg@s, receberom no Aeroporto de Alvedro, na Corunha, às jogadoras da selecçom galega de futsal, que vinham de conseguir o sub-campionato no Mundial de Futebol Salom, celebrado durante a passada semana em Reus. O desporto galego volveu a demonstrar o seu alto nível competitivo, deixando mais umha vez em evidencia a propaganda espanholista que insiste na nossa escassa capacidade desportiva da Galiza.
Mais info em: Web de Siareiras Galegas
Publicado en GZvideos, desportoconNengun comentario →
16
O informativo com mais possibilidades de ser Censurado (ou nom?) da banda da navegaçom sai de novo com conteúdos renovados. Entre eles um espaço para o agro e até a apresentaçom de um novo planeta: o planeta Vanguarda.
Publicado en GZvideos, autodeterminaciónconNengun comentario →
30
Por segundo ano consecutivo, unhas 500 persoas acudiron á convocatoria do colectivo vigués Xogo Descuberto, co obxectivo de reclamar o uso público da illa de Toralla. Por terra e por mar as piratas “asaltaron” a illa para reivindicar que Toralla é de todxs. Desta vez, o significativo aumento de bucaneirxs nesta “abordaxe” contra a especulación veu acompañado dunha numerosa presenza de forzas represoras. As piratas que decidiron concentrarse diante da barreira que impide o acceso á illa tiveron que aturar as presións e hostilidades policiais.
Ao final do video poderedes ver tamén imaxes da concentración convocada pola rede A Ría non se Vende, para protestar pola celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat) en augas da ría de Vigo.
Versión en baixa calidade aquí (mp4).
Publicado en GZvideos, defesa do territorioconNengun comentario →