20
Ontem celebrou-se na Corunha um acto de recebimento ao presso político galego Carlos Cela, que saiu recentemente da prissom espanhola de Valdemoro, após pagar umha fiança de 6000 euros. A celebraçom tivo lugar na praça das Conchinhas e continuou no LSO Casa das Atochas.
Bem-vindo a casa, Carlos!
A luita continua!
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, represióncon1 Comentario →
21
A Coruña foi a cidade onde máis incidencia tivo a folga. Centos de traballadoras e traballadores fóronse congregando desde primeira hora da mañá nas portas do centro comercial Catro Camiños, lugar escollido como punto de partida do piquete, que finalmente entrou no interior contra as nove e media. Foi neste momento cando varios axentes da seguridade privada do centro, pertencentes á empresa Prosegur, comezaron a golpear os traballadores e mesmo un vixilante chegou a facer uso da súa porra para bater na xente. A actuación desproporcionada destes axentes estivo alentada polo responsábel de seguridade privada do centro comercial Catro Camiños. Co paso dos minutos, o piquete foi agrandándose até sumar preto de 1.500 traballadores que, tras permaneceren dúas horas no interior de Catro Camiños, percorreron en manifestación as principais rúas do centro da Coruña. Mais en Avantar.
Máis →
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
19
A Marcha Mundial das Mulleres, baixo o lema “Mulleres en Marcha até que todas sexamos libres”, organizou un encontro internacional que culminaba con unha masiva manifestación polas rúas de Vigo o 19 de Outubro. Achegamos unha crónica audiovisual que demostra o multitudinaria que foi a convocatoria, con milleiros de asistentes, así como un reflexo do dinamismo e importancia que o movemento feminista ten acadado no noso país. Mais info no web da Marcha Mundial das Mulleres.
Publicado en GZvideos, convocatorias, xénero/sexualidadesconNengun comentario →
18
Joam Peres, portavoz responsável nacional pola Organizaçom do organismo popular anti-repressivo CEIVAR fala-nos a cerca da campanha de solidariedade com as pressas independentistas Xiana Gomes e Ugío Caamanho perante o juíço no tribunal de excepçom da “Audiência Nacional” espanhola os dias 3 e 4 de Novembro. O portavoz do organismo chama à mobilizaçom dos movimentos sociais e populares galegos para que o processo a estes dous independentistas nom fique silenciado, ademais de denunciar a excepcionalidade e ilegitimidade do tribunal espanhol para o julgamento. Mais info no web de CEIVAR.
Publicado en GZvideos, autodeterminación, dereitos hum./civís, represiónconNengun comentario →
14
O venres 10 de outubro o Comité de Empresa de Faurecia Asientos de Galicia convocou unha concentración diante da Inspección de Traballo e da Delegación de Traballo en Vigo, para denunciar a complicidade das autoridades laborais na aprobación dos expedientes de regulación de emprego previstos para o sector da automoción. Mais info en Avantar.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →