31
Foron máis de 7.000 os traballadores do sector do Metal que o 6 de novembro percorreron as rúas de Vigo para amosar a súa solidariedade cos catro traballadores do Naval, para os que a Fiscalía solicitaba catro anos de cadea pola folga do 2007 polo cumprimento do Convenio. Paro xeralizado e marchas moi numerosas visibilizaron o apoio do sector a estes catro compañeiros, e a loita que están dispostos a dar contra a represión sindical. Unha xornada de desafío a do 6 de novembro que demostra que o Metal non vai permitir ningún tipo de recorte de dereitos. Mais info en Avantar.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, represión, sindicalconNengun comentario →
12
Máis de 2.000 persoas percorreron o centro de Vigo, desde Via Norte até a Praza da Estrela, para demandar solucións para a automoción, asi como a defensa do emprego neste sector. Representantes sindicais das principais empresas do metal, químicas, téxtil e transporte da CIG estiveron presentes nesta mobilización.Esta mobilización pretendía tamén sensibilizar á cidadanía sobre a situación de crise que existe no sector. As consignas máis repetidas foron aquelas que facían mención ao rexeitamento dos ERE, aquelas que puñan de manifesto a necesidade da mobilización e da presenza da CIG nas rúas, asi como foron continuas as críticas á crise social, e á necesidade de que pague o capital esta situación e non os traballadores e traballadoras. Mais info en avantar.
Publicado en GZvideos, sindicalconNengun comentario →
3
Este passado fim de semana tivo lugar em Vigo um roteiro feminista no que se recordou a várias mulheres combatentes, silenciadas pola história oficial. No acto colocaram-se placas simbólicas em memória destas luitadoras em praças e ruas do casco velho da cidade.
Publicado en GZvideos, historia, xénero/sexualidadesconNengun comentario →
16
Apresentamos reportagem especial sobre o processo político - judicial que terá lugar na Audiência Nacional espanhola contra as pres@s independentistas Giana Gomes e Ugio Caamanho. O vídeo recolhe a rolda de imprensa nacional do organismo anti - repressivo Ceivar, assim como diversas entrevistas, entre elas umha aos pais de Ugio.
Mais: Juízo à militante independentista Maria Bagaria
Os temas musicais utilizados no vídeo pertencem aos grupos Hanom ausse e DIY-note.
Publicado en GZvideos, autodeterminación, dereitos hum./civís, represiónconNengun comentario →
22
Acudindo à chamada de Tan Gallego Como el Gazpacho, Mesa Contra el Libertinaje Lingüístico e Sei O Que Nos Figestes… Nos Últimos 525 Anos, no passado domingo 19 de Outubro, um punhado de Voluntári@s por la Lengua Común protagonizou na Corunha umha acçom ridiculista que conseguiu um inusitado eco nos meios de comunicaçom: O Portal Galego da Língua, Vieiros, Xornal.com, Galiciae, Libertad Digital, ABC, La Opinión de A Coruña, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe…
Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →