Alto o tiro ao pombiño na Toxa • 30.07.07
Co lema “Alto á barbarie do tiro ao pombiño na Toxa” o pasado 14 de xullo no Paseo de Beiramar do Grove celebrouse unha concentración de protesta polo masacre de 30.000 pombiños e para pedir o estrito cumprimento das leis de caza e protección dos animais. A caza do pombiño é unha práctica lamentábel xa que existen alternativas viábeis como o tiro ao prato que non danan ningún animal por motivos lúdicos. Para este “deporte” córtanlles aos pombiños as plumas da cola para teren un voo máis torpe e deste xeito resulte máis fácil masacralos. Na Toxa violouse, co beneplácito da administración, a Lei galega de Caza e o seu regulamento.








































