41 Vote up

Defender a língua nom é delito: crónica do 8F18.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

GzVideos apresenta umha nova entrega dos materiais gravados durante a “marcha do odio” que contra a nossa língua organizou a entidade espanholista “Galicia Bilingüe” no 8F. Após a crónica de emergência que disponibilizamos às poucas horas de se producirem os factos e à superproducçom de 1 hora de duraçom em quatro capítulos “Sunday, Pottery Sunday” (em colaboraçom com Seioque.com) chega a video-crónica “Defender a Língua Nom é Delito”. Nela fai-se um percorrido cronológico desde o início das mobilizaçons até as detençons e posteriores concentraçons de solidariedade tanto em Compostela como em Vigo. Contém numerosas entrevistas com activistas do galego e manifestantes que no dia 8 contestarom a demonstraçom galegófoba da entidade que pretende limitar os direitos lingüísticos dos galego-falantes e legitimar de facto a impossiçom secular do espanhol.

De GzVídeos agradecemos a colaboraçom dos e das manifestantes que intervirom nesta reportágem e chamamos à distribuiçom maciça dos materiais ante a intoxicaçom contínua à que nos sometem certos medios interessados em criminalizar os manifestantes que saíram a defender o nosso idioma de diversas formas, sendo duramente reprimidos pola policia.

Publicado en GZvideos, autodeterminación, língua, represióncon4 Comentarios →

28 Vote up

8-F “Sunday Pottery Sunday”14.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Uma super-produçom de Gzvideos e Sei o que nos figestes… nos últimos 525 anos sobre os acontecimentos do 8F. Inclui o recebimento a Gloria Lago no CS O Pichel, entrevistas com manifestantes de GB e diversas peças de humor carpetovetónico. Dedicado a todas as pessoas que se mobilizaram no Domingo Oleiro contra o desfile da Ordem de Orange. A festa é o único caminho! Para ver o resto dos vídeos dá-lhe a mais.

Máis →

Publicado en GZvideos, centros sociais, língua, represióncon10 Comentarios →

26 Vote up

Manquiña supports Galicia Bilingüe14.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Breve peça de humor na que Manquiña interpreta umha conhecida cançom de Manolo Escobar para agradecer a GB a manifestaçom do passado domingo. Proximamente estará disponível umha reportagem especial sobre a manifestaçom de GB. Estai atentas…

Publicado en GZvideos, línguacon3 Comentarios →

23 Vote up

Documentario dos primeiros 4 anos da actividade da Gentalha11.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Disponibilizamos o documentario “4 anos de Gentalha”, realizado no pasado ano 2008. Esta peza audiovisual é unha boa mostra do imenso traballo que este Centro Social leva a facer desde hai xa cinco anos en Compostela, na defensa do idioma e da cultura galega, e dando acollida a centos de concertos, proxeccións de filmes, palestras, e constituindo un importante referente cultural e unha ferramenta indispensábel para a construción do pensamento crítico nesta cidade. Fronte á criminalización deste centro social polo concelleiro do PP Conde Roa, que reclamou o peche da Gentalha do Pichel en declaracións aos medios despois da manifestación galegófoba do 8 de febreiro convocada por Galicia Bilingüe, desde Gzvideos queremos amosar a nosa solidariedade e apoio para con este proxecto, e darmos difusión a este documentario, como mellor mostra posíbel de rebater e visibilizar o traballo público deste centro social, de sobra coñecido pola cidadania de Compostela.

Publicado en GZvideos, centros sociais, línguaconNengun comentario →

45 Vote up

Acción de Isca na marcha de Galicia Bilingüe09.02.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Vídeo da acción de Isca! na que vari@s das suas militantes participaron disfrazad@s de vacas, como símbolo da resistencia ao españolismo e para denunciar a “hipocrisia do dobre discurso da entidade españolista Galicia Bilingüe”. As militantes foron detid@s pola policía española cando só “pretendían mostrar un cartaz diante dos dirixentes da organización segregacionista, nun día que será recordado pola brutalidade policial e pola aldraxe que supuxo a marcha supremacista”.

Publicado en GZvideos, língua, represióncon4 Comentarios →