22 Vote up

Festa do Dezassete em Compostela19.05.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A jornada da Festa do Dezassete começou com um acto reivindicativo polas ruas de Compostela baixo o lema “A RAG é umha fraude, por um dia das letras popular”. Depois continuou na Alameda com umha sessom vermú e logo o jantar popular. Já pola tarde realizarom-se diversas actividades lúdicas, jogos populares, aberto de bilharda e também actos culturais como o obradoiro de baile, pandeireta e mostras de banda desenhada. Chegada a noite celebrarom-se os concertos que completarom a jornada, e que engadiremos proximamente. No vídeo poderedes ver umha entrevista com Paulo Rico explicando o processo de solidariedade experimentado polo centro social A Gentalha do Pichel depois da denúncia de Conda Roa (PP).

Já estam disponíveis os vídeos do concerto:

Magnifique Band dos Homens sem Medo e Quempalhou

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

The Royalties e Projecto Mourente

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicado en GZvideos, centros sociais, línguacon1 Comentario →

6 Vote up

Correlingua 2009 - Vigo15.05.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Pouco despois das dez e media da mañá milleiros de escolares comezaban a chegar á Praza do Rei para participar nesta nova edición do Correlíngua, que comezou o 5 de maio simultáneamente nas cidades de Vigo e Pontevedra, e que percorrerá até o 15 de maio as distintas comarcas do noso país, achegando o galego aos máis novos e desde actividades que xa comezaron desde o inicio do curso para fomentar o uso do galego e a normalización e difusión do noso idioma. En Vigo foron perto de 5.000 rapaces e rapazas as que participaron da manifestación e do espectáculo final que se celebrou no Parque de Castrelos con teatro, música e participación destes nenos e nenas.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

11 Vote up

Mocidade pola Língua: Greve do ensino médio15.05.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Vídeo das mobilizaçons em Compostela e Vigo convocadas pola organizaçom assemblear Mocidade pola Língua em defesa do ensino em galego. A greve foi secundada também em Padrom, Ordes e Vila Garcia. Em Compostela foi ocupada a sede de Política Linguística. Por outra banda em Vigo a marcha rematou diante do edifício da Xunta com umha forte presença policial e várixs manifestantes forom identificadxs. Mais info.

Músicas: A matraca perversa, Heredeiros e Xolda!

Publicado en GZvideos, língua, mov. estudantilconNengun comentario →

6 Vote up

Concentración da CNT-Ferrol pola readmisión do mestre sancionado14.04.09

Vídeo da concentración realizada en solidariedade con Brais, diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol, o 4 de abril de 2009. SOV de CNT Ferrol. Máis información sobre o caso na web da CNT-Galiza.

Publicado en GZvideos, língua, represión, sindicalconNengun comentario →

6 Vote up

Galeusca02.03.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Galeusca: Asociación de Escritores en Lingua Galega, Euskal Idazleen Elkartea, Associació d’Escriptors en Llengua Catalana.

Publicado en GZvideos, internacionalismo, línguaconNengun comentario →