Manifestaçom do Foro da Mocidade de Vigo na greve do ensino em defesa da nossa língua • 22.01.10
O Foro da Mocidade de Vigo voltou a se mobilizar na rua, está vez pola convocaçom de greve nacional do ensino contra o decreto anti-galego do PP.
O Foro da Mocidade de Vigo voltou a se mobilizar na rua, está vez pola convocaçom de greve nacional do ensino contra o decreto anti-galego do PP.
A continuar, oferecemos umha selecçom de vídeos do Simposium Internacional “Eco-Língua”, celebrado em Vigo o passado Dezembro.
Mesa redonda con Manuel González (ex director da Axencia Audiovisual Galega), David Rubín (artista gráfico), Leo i Arremecághona (artista) e María Yáñez (xornalista e produtora de contidos para a rede).
Mesa redonda con Miquel Pradilla (Escritor, Doutor en filoloxía catalana e profesor da Universidad Rovira i Virgili de Tarragona), Sabela Labraña (Doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Barcelona), Maitena Etxebarría (Catedrática de Lingüística na Universidade do País Vasco) e Juan Carlos Moreno Cabrera (Catedrático de Lingüística Xeral na Universidade Autónoma de Madrid)
“A esperanza da lusofonía: utopía ou realidade” é o título da palestra que pronunciaron os profesores Fernando Venâncio (Doutor e profesor de lingua e literatura portuguesa na Universidade de Amsterdam) e Carlos Alberto Faraco (Doutor e profesor de lingua portuguesa na Universidade Federal de Paraná (Brasil)
O resto dos vídeos podem ser visualizados nesta ligaçom.
Decálogo da lingua galega. Mª Pilar García Negro from Fundación Bautista Álvarez on Vimeo.
A professora Maria do Pilar Garcia Negro, entrevistada por Lois Diéguez para a secçom Cadernos activos da Fundaçom Bautista Álvarez, ministra 10 princípios básicos para os falantes da nossa língua. Oferecemos a seguir o vídeo em questom. Via Portal Galego da Língua.
Cultura Do País, associação cultural de Lugo, organizou a Quinta-feira 29 de Outrubro de 2009 o primeiro ato da campanha “Sem pêlos na língua: a impostura da imposição” que teve lugar na sala de atos da funadação Caixa Galiza da praça de Laica Maria às 20:00 horas, onde interviram Luís Villares Naveira, xuíz de instrução do partido judicial da Fonsagrada, e Brais De Estevan Bassave, profesor de ensino médio.
O domingo 18 de Outubro tiña lugar unha histórica manifestación a prol da lingua galega e contra os continuos ataques do goberno de Núñez Feijoo, convocada pola plataforma “Queremos Galego”. Os mais de 100.000 manifestantes colapsaron a cidade de Compostela, que se quedou pequena perante unha marea humana que reclamaba medidas a prol do idioma por parte dunha Xunta que, desta volta, encabeza a oposición á normalización lingüística. Mais info no web de Queremos Galego.
A continuar, achegamos outros videos que recollen as diferentes intervencións que houbo no acto da praza da Quintana.