11 Vote up

Queremos Galego 21-X : falan os/as asistentes22.01.10

;

Manifestación en Santiago de Compostela. Folga Xeral no ensino non universitario. Día 21 de xaneiro, 2010. Convoca “Queremos Galego”. Ducias de organizacións e ducias de miles de manifestantes expresan o seu desacordo, o seu NON á política lingüística do goberno de Núñez Feijoo, o seu compromiso, a súa lealdade co idioma galego e con Galicia. Vinte10, (a canle de vídeos do Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son) estivo alí.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

13 Vote up

Queremos Galego 21-X : Himno da Pátria no Obradoiro22.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

“Nun día laborábel, a Plataforma Queremos Galego conseguiu encher a Praza do Obradoiro. Miles de cidadáns pediron a retirada do “Decreto do Plurilingüismo”, que reduce o mínimo de clases en galego do 50 ao 33 por cento.”

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

13 Vote up

Manifestaçom do Foro da Mocidade de Vigo na greve do ensino em defesa da nossa língua22.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

O Foro da Mocidade de Vigo voltou a se mobilizar na rua, está vez pola convocaçom de greve nacional do ensino contra o decreto anti-galego do PP.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

6 Vote up

Selecçom de vídeos do seminario “Eco-língua”12.01.10

A continuar, oferecemos umha selecçom de vídeos do Simposium Internacional “Eco-Língua”, celebrado em Vigo o passado Dezembro.

Mesa redonda con Manuel González (ex director da Axencia Audiovisual Galega), David Rubín (artista gráfico), Leo i Arremecághona (artista) e María Yáñez (xornalista e produtora de contidos para a rede).

Mesa redonda con Miquel Pradilla (Escritor, Doutor en filoloxía catalana e profesor da Universidad Rovira i Virgili de Tarragona), Sabela Labraña (Doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Barcelona), Maitena Etxebarría (Catedrática de Lingüística na Universidade do País Vasco) e Juan Carlos Moreno Cabrera (Catedrático de Lingüística Xeral na Universidade Autónoma de Madrid)

“A esperanza da lusofonía: utopía ou realidade” é o título da palestra que pronunciaron os profesores Fernando Venâncio (Doutor e profesor de lingua e literatura portuguesa na Universidade de Amsterdam) e Carlos Alberto Faraco (Doutor e profesor de lingua portuguesa na Universidade Federal de Paraná (Brasil)

O resto dos vídeos podem ser visualizados nesta ligaçom.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

6 Vote up

Decálogo da língua galega, por Mª do Pilar García Negro12.01.10

Decálogo da lingua galega. Mª Pilar García Negro from Fundación Bautista Álvarez on Vimeo.

A professora Maria do Pilar Garcia Negro, entrevistada por Lois Diéguez para a secçom Cadernos activos da Fundaçom Bautista Álvarez, ministra 10 princípios básicos para os falantes da nossa língua. Oferecemos a seguir o vídeo em questom. Via Portal Galego da Língua.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →