10 Vote up

Manif de Queremos Galego no 17 de maio18.05.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Achegamos o vídeo realizado pola plataforma en defensa da língua “Queremos Galego” sobre a multitudinária manifestaçom que tivo lugar em Compostela no 17 de maio, provavelmente umha das maiores na história do nosso país.

Publicado en GZvideos, línguacon1 Comentario →

12 Vote up

Concentraçom de Queremos Galego em Vigo contra o Decreto galegófobo16.03.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Por volta de 400 pessoas assistirom esta segunda 15 de março à concentraçom de urgência que a plataforma “Queremos Galego” convocou em Vigo para demandar a supresom do decreto contra a língua. A entidade organizou também actos de protesto nas principais cidades e vilas do país.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

7 Vote up

Concentración de urxencia de Queremos Galego no 13 de marzo15.03.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

A plataforma a prol do idioma Queremos Galego convocou unha concentración o pasado 13 de marzo diante da Xunta de Galiza, conseguindo reunir perto de 1000 manifestantes no mesmo día no cal a Consellaría de Educación apresentaba o novo borrador do decreto do galego no ensino. Mais info en Queremos Galego.

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →

12 Vote up

8F: O nunca visto08.02.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

8 de fevereiro de 2009, Domingo Oleiro. Depois de “dar a murga” durante horas na Alameda o bloco ridiculista “Bilingüismo Mr. Marshall” encaminhou os seus passos para a estátua de “Rosa Díaz”, aliás, Rosalia, no Passeio da Ferradura. Depois de celebrarem umha Missa de Campanha (e sem vinho de missa) na honra da que um ano depois é a política melhor valorizada do Império Pequeno e perante a impossibilidade de irem tomar um “vinho espanhol” ao “Franco” (pois a Zona Velha estava tomada por “polis & cacos”) as/os ridiculistas decidiram ir tomá-lo à “Plaza de José Antonio”, na Zona Nova de Santiago (y cierra España). Mais info en Seioque.com

Publicado en GZvideos, língua, represiónconNengun comentario →

75 Vote up

“As aulas e o despacho” (debate com Anxo Lorenzo)04.02.10

30-xaneiro-2010. Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010. Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) remata a súa ponencia. Podedes ver aquí un extracto do debate posterior. Unha cansa indignación nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega.

Publicado en GZvideos, línguaconNengun comentario →