13
Dous centos de manifestantes concentrarom-se diante do Marco em resposta ao assalto por parte do exército sionista da frota solidária que levava ajuda humanitária à faixa de Gaza. Após concentrarem-se diante do museu, a comitiva percorreu a rua do Príncipe até a Porta do Sol coreando as palavras de orde “Palestina Vencerá” ou “o sionismo é o terrorismo” , entre outras. Os encarregados de tomar a palavra forom Omar, por parte da associaçom “Galiza por Palestina” e mais Alexandre Reutter, de “Judeus Antisionistas”, os quais denunciarom o apartheid ao que Israel somete ao povo palestiniano e exigirom medidas por parte dos governos estatais e autonómico, fundamentalmente a ruptura de relaçons comerciais e a impossiçom de sançons.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, internacionalismocon2 Comentarios →
10
O 29 de maio, a CGTP-IN conseguía mobilizar 300.000 persoas nunha das máis grandes manifestacións en Portugal desde a queda do rexime fascista. Desta volta, na liña dos protestos que a central ven realizando nos últimos meses, a revindicación principal foi a retirada do P.E.C (Plano de estabilidade e crescimento) que quer aplicar o goberno de José Sócrates (PS). As medidas, calificadas por Carvalho da Silva, secretario xeral da CGTP, como “contrarias aos intereses dos traballadores”, transfiren os custes das crise ás clases populares e favorecen os intereses do grande capital. Mais info no web da FESGA.
Publicado en GZvideos, internacionalismo, sindicalconNengun comentario →
17
O passado domingo 18 de abril tinha lugar em Compostela umha manifestaçom de apoio à revoluçom cubana, em resposta à ofensiva mediática que está a ter lugar nas últimas semanas desde o falecimento do preso Orlando Zapata. A marcha foi organizada pola associaçom de amizade galego-cubana Francisco Vilhamil.
Publicado en GZvideos, internacionalismocon2 Comentarios →
7
Concentración solidaria da CNT coa FAU-AIT alemá, diante do consulado alemán en Vigo. Alemaña prohibe a liberdade sindical, solidariedade coa FAU-AIT. + info.
Publicado en GZvideos, internacionalismo, sindicalconNengun comentario →
4
12-12-09 Vigo acolleu este venres, a partir das 20.00 horas ante a escalinata do Museo de Arte Contemporánea (Marco), unha concentración en solidariedade coa activista do Sáhara Occidental Aminetu Haidar, que permanece en folga de fame no aeroporto de Lanzarote.
Publicado en GZvideos, autodeterminación, dereitos hum./civís, internacionalismoconNengun comentario →