1
Imaxes da protesta contra o Plano Acuícola acontecida o pasado día 15 de novembro en Muxía, coincidindo co Consello da Xunta. Alí déronse cita membros de ADEGA e representantes das plataformas de afectados/as por este plano fortemente insustentábel, para facer ver á Xunta que o litoral NON SE VENDE. POLA NOSA TERRA, POLO NOSO MAR, NON AO PLANO ACUÍCOLA!
Publicado en GZvideos, defesa do territorio, ecoloxismoconNengun comentario →
12
Co lema “Alto á barbarie do tiro ao pombiño na Toxa” o pasado 14 de xullo no Paseo de Beiramar do Grove celebrouse unha concentración de protesta polo masacre de 30.000 pombiños e para pedir o estrito cumprimento das leis de caza e protección dos animais. A caza do pombiño é unha práctica lamentábel xa que existen alternativas viábeis como o tiro ao prato que non danan ningún animal por motivos lúdicos. Para este “deporte” córtanlles aos pombiños as plumas da cola para teren un voo máis torpe e deste xeito resulte máis fácil masacralos. Na Toxa violouse, co beneplácito da administración, a Lei galega de Caza e o seu regulamento.
Publicado en GZvideos, defesa do territorio, ecoloxismoconNengun comentario →
9
O sábado 21 de xullo centos de persoas manifestámonos contra a ampliación da piscifatoría de Quilmas (Carnota) exemplo dun Plano Acuícola fortemente insustentábel. Organizacións ecoloxistas como ADEGA, Amigos da Terra, o Comité Cidádán de Emerxencia de Ferrol, o Comité en Defensa das Rías Altas, Greenpeace, a SGHN e Verdegaia, colectivos sociais como Salvemos Monteferro e as plataformas de Seráns e Corrubedo ímonos coordenar contra un Plano Sectorial que pretende hipotecar o noso litoral aos intereses das transnacionais do peixe.
Publicado en GZvideos, defesa do territorio, ecoloxismoconNengun comentario →