4
Outro ano, outra vez, máis seres vivos são assassinados por pertencer a outra espécie, neste caso, sob o pretexto de esporte, mas com vítimas e cadáveres como prêmio. Decidimos actuar contra essa forma de autoridade, com uma fórmula completamente autónoma, ignorando a inércia da reforma que se adapta e reproduz a repressão e as batidas de dominação, levando ao planeta e aos seus habitantes ao extermínio em todas as suas formas, desde a mais sutil até a mais atroz, das mais óbvias para as mais arraigadas. Mais info en Indymedia e em Matar por Matar Non.
Publicado en GZvideos, ecoloxismoconNengun comentario →
4
O passado 17 de dezembro celebrou-se umha jornada de debate sobre consumo responsável no CS A Revolta (Vigo) na que Miguel Méndez, do Sindicato Labrego Galego, apresentou o modelo de agricultura de responsabilidade compartilhada, com o objectivo de artelhar um grupo de consumidor@s que adquiram os produtos directamente às produtor@s.
Publicado en GZvideos, ecoloxismoconNengun comentario →
4
Videocrónica da pedalada contra o cambio climático convocada pola Ra!. Música: Banda Potemkin.
”A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crise socioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e as transnacionais dos países enriquecidos, xunto coas institucións internacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forte ás persoas máis pobres.” Máis.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, ecoloxismoconNengun comentario →
13
Máis de cinco mil persoas amosaron o pasado 1 de agosto a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.
Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.
De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG). Continúa en Galiza Non Se Vende.
Publicado en GZvideos, defensa do territorio, ecoloxismocon2 Comentarios →
7
Minutos antes das 19h da tarde, dúcias de persoas ían chegando á praza da Peregrina para se concentraren e saíren contra as 19:20h en manifestación polas rúas da cidade. Os diferentes colectivos despregaban as súas faixas, a meirande parte delas con motivos alusivos á degradante “festa” dos touros, mentres un gaiteiro amenizaba a mobilización xa desde o comezo. Durante o traxecto puidéronse escoitar diferentes palabras de orde, tal como: “A tortura non é festa nen cultura”, “Ilegalizar o maltrato animal”, “non son toureiros, son asasinos” ,”touradas fóra da Galiza” ou “festas populares, sen atrocidades”. A manifestación creou expectación na rúa, e numerosas persoas ían uníndose conforme avanzaba polo centro de Pontevedra. Na mesma tarde, tres matarifes torturaban os primeiros seis touros dos 24 que serán asasinados nestas dúas fins de semana. Máis info e galería de imaxes nesta ligazón.
Publicado en GZvideos, ecoloxismoconNengun comentario →