13
Dous centos de manifestantes concentrarom-se diante do Marco em resposta ao assalto por parte do exército sionista da frota solidária que levava ajuda humanitária à faixa de Gaza. Após concentrarem-se diante do museu, a comitiva percorreu a rua do Príncipe até a Porta do Sol coreando as palavras de orde “Palestina Vencerá” ou “o sionismo é o terrorismo” , entre outras. Os encarregados de tomar a palavra forom Omar, por parte da associaçom “Galiza por Palestina” e mais Alexandre Reutter, de “Judeus Antisionistas”, os quais denunciarom o apartheid ao que Israel somete ao povo palestiniano e exigirom medidas por parte dos governos estatais e autonómico, fundamentalmente a ruptura de relaçons comerciais e a impossiçom de sançons.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, internacionalismocon2 Comentarios →
4
Baixo o lema “En defensa dos servizos públicos”, miles de persoas percorreron o domingo 25 de abril as rúas de Compostela en contra das políticas de “privatización e mercantilización de todo o que é público”. Convocada por CIG, BNG, IU, SLG, FRUGA, Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, AS-PG e Nova Escola Galega, a marcha saíu da alameda arredor das doce e media e rematou na Praza da Quintana, onde a actriz Isabel Risco deu lectura ao manifesto conxunto no que denunciou a diminución da calidade das prestacións públicas, a precarización e o recorte do emprego implícitos a toda privatización. Mais info. no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengun comentario →
6
O mércores 21 de abril ás oito da tarde saía a manifestación contra o peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo. Durante a manifestación, o nutrido grupo de manifestantes esixiron a continuidade do hospital e denunciaron a actuación dos responsábeis da ONG e ás ameazas e coaccións ás que teñen sometido a traballadores/as e aos/ás doentes e ás súas familias. Mais info no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengun comentario →
5
Milleiros e milleiros de persoas encheron as principais rúas do centroda cidade de Vigo para manifestar con forza o rexeitamento a vontadeprivatizadora da Consellaría de Sanidade e do goberno do PP da Xunta deGaliza de privatizar a sanidade galega, e concretamente no caso deVigo, no caso da construción do novo hospital de Vigo. Convocadas econvocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública estamobilizaciónn recebeu moitos apoios, e non só de distintas forzassindicais, sociais e políticas desta comarca, senón que tamén sumouapoios e solidariedades desde moitos outros recunchos do noso país:Pontevedra, Monforte, A Coruña, e Ferrol, entre outras plataformas quetamén están a mobilizarse na defensa da sanidade pública galega. Mais info. no web da CIG.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengun comentario →
8
Celebrouse o mércores 3 de marzo a cadea humana ao redor do hospital Xeral de Vigo cun éxito de participación e compromiso, tendo en conta cos poucos días que houbo para organizar este acto, (sendo a alternativa á suspensión do paro previsto para ese día pola desautorización por parte do SERGAS) empezouse a organizar o luns para realizalo o mércores. Mais info no web da CIG-Saúde.
Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, sindicalconNengun comentario →