7
O obxectivo era dar a coñecer a importancia deste lugar de grande biodiversidade, cun altísimo valor natural e etnográfico e protestar pola pretendida instalación alí dunha mina por parte da empresa Picobello Andalucita S.L. Unha explotación con doce anos de vida útil, que suporía a destrución irreversible do lugar, e afectaría gravemente ó Río Belelle e ó P. N. Fragas do Eume. Mais info.
Publicado en GZvideos, defensa do territorioconNengun comentario →
12
Video-crónica da manifestaçom que a rede de colectivos na defesa do território “Galiza Non se Vende” realizou o passado domingo 21 de março em Compostela. Mais info no web de GNSV
[25/03/10] Actualizado com um novo vídeo de GzContrainfo
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, defensa do territorioconNengun comentario →
7
[C+C] O Concello [da Coruña] , mellor dito a Concellería de Rehabilitación Urbana e Vivenda, ten previsto o derrubo dun dos polígonos de vivendas afectados polo susodito plan, concretamente nove casas unifamiliares sitas na rúa Atocha Alta do barrio das Atochas-Monte Alto. Despois dun duro proceso de expropiación para as antigas propietarias e propietarios das casas, o Concello arrebatoulles a un risible prezo a propiedade sobre os inmobles. Mais info no web do CSO Casa das Atochas. ou en Galiza Contrainfo
Publicado en GZvideos, centros sociais, convocatorias, defensa do territorioconNengun comentario →
31
GzVideos estivo na concentraçom em resposta à Cimeira da UE sobre transporte na cidade da Corunha, tomada durante todos estes días por um intenso operativo policial. Mais info sobre a convocatória da concentraçom no Galiza-Indymedia.
Publicado en GZvideos, anticapitalismo, convocatorias, defensa do territorioconNengun comentario →
8
“Buscamos recuperar antigas hortas e terreos abandonados no Val de Feáns para poñelos de novo en uso, contribuíndo así á súa axeitada conservación e mantemento. A intención é que os propietarios de terras na actualidade sen uso as cedan ou aluguen a persoas de calquera zona da cidade que estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Estas pequenas parcelas permitirán o cultivo para autoconsumo así como desenvolver nelas actividades de ocio e educativas. Queremos explorar así alternativas de futuro para as áreas rurais da cidade A Coruña, para podelas integrar con tódalas súas virtudes dende a perspectiva da cidade e vida contemporáneas.” hortasnacidade.wordpress.com
Publicado en GZvideos, defensa do territorioconNengun comentario →