7
“Hola rosiña, que tal, son eu o Gran Purista de Suiza. Mira, unha cousa que che quería comentar. O outro día vinche na televisión e dixeches algo que non me fixo moita gracia, nin a min, nin a moita xente. Polo cal, se ti podes expresarte libremente pola televisión, eu o farei polo youtube. Así que por cortesía de Play Pictures vouche contar unha cousa que di así”… Así presenta Gran Purismo o seu rap no que critica duramente a Rosa Díez por denigrar aos galegos.
Publicado en GZvideos, antifascismo, cultura libreconNengun comentario →
6
21-11-09 Vídeo da homenaxe ás vítimas do franquismo enmarcada dentro das VIII Xornadas Libertarias organizadas pola Unión Libertaria. O acto tivo lugar no ceminterio de Canido, coa participación dxs poetas Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Gaspar Domínguez e Alfonso Rodríguez, o músico Víctor Agulló e intervencións da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática e Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiaconNengun comentario →
6
O pasado 24 de Outubro a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 levou a cabo un acto no ceminterio de Pereiró para lembrar e homenaxear ás 740 mulleres e homes vítimas da represión fascista que están alí soterradas. A asociación quería poñer unha placa conmemorativa na entrada ao ceminterio, mais a súa colocación foi prohibida polo concello de Vigo.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiaconNengun comentario →
8
Ao longo de toda a semana nas Xornadas Antiracistas de Teis tiveron lugar diversas actividades (palestras, proxeccións, pasarrúas polo bairro..) que na fin de semana do venres 10 e 11 de xullo concluiron co II Mundialinho antiracista deste bairro, que ademais do xogo de fútbol contou con concertos, xogos populares e animación para crianzas, entre outras actividades.
Nesta peza recóllense as actividades da fin da semana, asi como unha pequena entrevista con Iago Pereira, do Kolektivo Guindastre, centro social autoxestionado do bairro de Teis, organizador destes actos.
Tamén podedes ver unha galeria de imaxes do venres 10 de xullo nesta ligazón.
Boas visualizacións!
Publicado en GZvideos, antifascismo, centros sociais, desportoconNengun comentario →
5
19 de Abril do 2009 - Co gallo das actividades arredor do día da República 2009, a CRMH organizou un novo roteiro, contra a simboloxía franquista na cidade da Coruña. Beatriz Amigo inmortalizou coa súa cámara o evento. A CRMH e Bulideiro de edicións amósanvos o video resultante dese traballo.
Publicado en GZvideos, antifascismo, historiaconNengun comentario →