A III Edición do Festival Furtivo que tiña previsto celebrarse en Cangas durante a ponte de decembro fica finalmente suspendida. A falta de axudas por parte do concello provocou que a organización deste festival de música alternativa decidise a súa cancelación pola inviabilidade económica do proxecto. Denuncian tamén que a Concellalía de Mocidade de Cangas condicionou a súa colaboración á non aparición de reivindicacións ou pancartas contra o porto deportivo de Massó no festival, algo inaceptábel para os organizadores, que entenden isto como un ataque a liberdade de expresión. Pese a todo mantense a celebración dun concerto para o día 4 de decembro.
5
Cancélase a III Edición do Festival Furtivo (Cangas)
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
TAGS: especulación , festival furtivo , liberdade de expresión , litoral , masso , musica , porto deportivo
Entradas relacionadas
Deixa un comentario









































