7 Vote down Vote up

Auga (curtametraxe de terror) por OZO

Publicado en Kinoki, curtas, terror on 05 Xun, 2008

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Desta volta o director, Ozo, deixa o xénero da acción para se adentrar no do terror, cunha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais. Nela repite como protagonista o actor lugués Marcos PTT Carballido, acompañado polo coruñés David Lendoiro. Tamén repiten a meirande parte de integrantes do equipo técnico que fixo “Baseado…”, como Jorge Eiroa no departamento de Produción, Lorena Vilas no de Dirección ou Fanny Bello como Maquilladora, entre outros.

A montaxe, a cargo de Joserra Lorenzo (LaEsponja) está rematada, e o músico Manu Riveiro está a compor a banda sonora. O equipo de Carlos Mourinho (O Son do Tagalem) ultima pola súa banda a post-produción de audio.

Equipa técnica

- Xosé Antón Perozo Porteiro ´Ozo´
Director/a, Guión
- Carlos Mouriño Varela
Xefe/a Son
- Manuel Riveiro
Compositor/a música
- Juan Hernández
Director/a de fotografía
- Estefania Bello Martínez
Maquillaxe/ perruquería
- Jorge Eiroa
Director/a -Xefe de produción
- Encarna Alonso Sánchez
Script

( Info Tirada da Axencia Audiovisual Galega )

TAGS: , ,

Entradas relacionadas


Chúzame! Trackback URI | Comentarios RSS

Deixa un comentario