Por cousas alleas á nosa vontade (basicamente o jet lag ou transtorno horario polo desprazamento á meseta), traemos aqui unha pequena crónica da nosa viaxe a Madrid e a participación nas Xornadas Antifascistas de Madrid hai xa máis dunha semana, glups!
Unha pequena delegación de Gzvideos viaxou até Madrid para participar dun videoforum o sábado 31 de outubro, organizada pola Coordinadora Antifascista de Madrid e convidadas por La-Plataforma, proxecto de contrainformación audiovisual. Continúa aquí.








































