23-09-2009 O Sindicato Labrego Galego súmase ás protestas a nivel europeo para reclamar un prezo xusto para o leite, que agora non chega nin para cubrir os costes de produción. Así xunto coa non entrega de leite por parte de explotacións das comarcas do Xallas, Arzúa, Ordes, Compostela e Costa da Morte, 60.000 litros de leite procedentes dunhas 300 explotacións lácteas foron esparexidos nunha leira da parroquia de Nemenzo (Compostela). Con esta acción o SLG pretende “transmitir que o prezo do leite é tan baixo que antes que regalarllo ás industrias para que se enriquezan á nosa costa e á dxs consumidorxs” consideran “máis útil empregalo para chamar a atención da cidadanía e esixir solucións por parte dos gobernos a esta grave crise”.
9
Acción do SLG por un prezo xusto para o leite
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































