Ás once da mañá máis de 300 delegados e delegadas do sector da automoción das Federacións do Metal, Químicas e Téxtil saian en manifestación polas rúas de Vigo, para mobilizarse na defensa do emprego no sector. Asi, encamiñaban a súa marcha até o cruce de Colón, onde se encontran catro das principais sedes bancarias da cidade, fronte ás que se concentraron durante case unha hora, para denunciar “a responsabilidade que ten a banca nesta crise, que ademais foi das primeiras beneficiadas das axudas da Administración, con 30.000 millóns de euros, que agora non quere utilizar para revitalizar a economia do país”. Neste cruce soltaron 450 globos, que simbolizan os máis de 4.500 empregos eventuais que se perderon no sector do automóbil desde o mes de setembro do pasado ano. Mais info en Avantar.
81
Acción da CIG contra a banca e a destrución de emprego
Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.
Entradas relacionadas
Deixa un comentario








































